lunes, 17 de octubre de 2011

CONXUROS

Estááááámonos preparaaaaando para o Samaíííííín...
E, como non! preparamos uns conxuros moi, pero que moi feiticeiros.
Ten coidado...
Pode pasar de todo...
-"Fiu, fiu... Güibi, güibi... Ñññññac! Ho, ho, ho!!!

Pel de rata,
corno de boi,
moco de bruxa...
Se ven a curuxa
que todos os demos fuxan!

IAGO VARELA

Sapos e cóbregas
con esta poción
cantaré unha canción.

Pelos de araña
e pezuños de ourizo
son os ingredentes
para este feitizo.
(de Amor)
DAVID WAUTHIER

Mouchos, curuxas
sapos e bruxas,
que o mal fuxa.
CAROLINA PÉREZ

Sapos e cóbregas
con esta poción
correrás un montón.
YAGO PÉREZ

Mocos de morcego,
pelos de dragón,
eu convértoche
nun feixón.
DANIEL RUBIAL

Ourizo e lura
que desapareza a lúa.

Pantasmas e demos
que todos teñan medo.
CELIA

Maxia potaxia
dos pés á cabeza
que este neno malo
se converta nun dragón feo.
LUCÍA ROUJEAU

Uñas de ogra
cola de rata
feitizade
a esa rapaza!

Mouchos, curuxas,
sapos e bruxas
correr, correr
porque vos van comer.
ESTELA

Coa luz do lume a cara de cabaza
vaise nesta noite ilumear
e vós, criaturas da noite
medo intentaredesnos dar,
pero eu vestido de pantasma
todos os caramelos
intentareivos sacar.
IAGO REIGOSA

Bruxa malvada
vai polas noites
a coller nenos
e, se non fuxen,
convertiranllos
nuns bruxos.
CLOE

Abracadabra, pata de cabra,
que te convertas nunha culebra.
Sapos e cóbregas, con esta poción
farei que o mundo enteiro sexa meu.
ELENA

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas,
demos, trasgos e diaños,
espíritus das neboadas veigas,
corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras,
podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
LUCÍA RAMA

Ollos de morcego
patas de sapo
que se converta
isto nun festexo.
Mesturar e conxurar
o feitizo do cole funcionará.
Bruxos, meigas e diaños
no Samaín imos todos cociñar.
MARÍA

Esta cousa aborrecida!
Esta noxenta bruxa!
En canto lle de un sopapo,
convertirase nun sapo.
BEATRIZ

Abracadabra, pata de cabra,
que te convertas en ollos de rana.
Debaixo da cama cobras e cabras,
que se convertan en cabazas.
VICTORIA

RECETA Y CONJURO
Ingredientes:

4 hojas
3 arañas
13 manzanas
1 botella de gurrumino

Abracadabra, pata de cabra,
quien se beba esta poción
aprenderá palabras un montón.
YAGO PÉREZ


No hay comentarios:

Publicar un comentario