lunes, 30 de mayo de 2016

JACOBO VISITOUNOS

.
 Jacobo Fernández Serrano visitounos hai uns días aos nenos de 2º.
Falamos do seu libro "Marcopola a illa remeira".
É un cómic moi chulo que gustounos moito. 

Falamos con Jacobo de outros libros de Marcopola e el ensinounos a enorme portada do último que escribiu e que sairá pronto.
Estivemos encantados de darlle moitas ideas para máis e máis libros de Marcopola que esperamos non se canse de escribir e debuxar.
Jacobo, como sempre, estivo moi agradable e simpático.
Ademáis, fíxonos un agasallo: un marcapáxinas moi especial para nós.
Grazas, Jacobo.
Esperamos verte pronto outra vez polo noso cole, que foi o teu.


MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario