domingo, 30 de marzo de 2014

CLUB DE LECTURA - MARZO 2014

.
Esta vez reunímonos para falar dunha lectura que, ao final, non daba tanto medo como parecía, senon que foi moi, moi divertida:
"O monstro peludo"
Encantáronnos os seus personaxes, sobre todo o do monstro e o da princesa tan especial e simpática que facía rimas moi graciosas.

"Cansado de comer ratos, un monstro peludísimo resolve atacar a primeira criatura que pase preto da súa cova. O primeiro é o rei, que fai un pacto co monstro: traeralle unha comida moito mais suculenta. Pero o único que consigue é verse obrigado a oferecer a súa propia filla como merenda. Só un príncipe encantado poderá salvar á princesiña. Será isto certo? Errado. A princesa sábese defender con astucia e irreverencia." 
.
CLUB DE LECTURA MARZO 2014 on PhotoPeach
Hai uns anos, uns nenos do colexio fixeron unha representación desta obriña tan divertida.
 
(Vídeo realizado polo profesorado do ceip Belesar onde representamos a obra)

No hay comentarios:

Publicar un comentario