domingo, 12 de octubre de 2014

ACTIVIDADES LECTORAS KALANDRAKA




LIBROS PARA SOÑAR RETOMA A TEMPADA DE CONTACONTOS



A libraría LIBROS PARA SOÑAR estreou a nova tempada das sesións de contacontos para público infantil.



O vindeiro mércores, ás 17:30 horas, LIBROS PARA SOÑAR acollerá unha charla co lema “Animar a ler de 0 a 3 anos”, dirixida a nais e pais, educadores e mediadores. Esta sesión informativa -con entrada libre e gratuíta- precede o inicio da nova campaña de contacontos para bebés, a primera das cales se celebrará o mércores 29. Os futuros pais e nais, así como os pais e nais con fillos e fillas ata 3 anos, poderán coñecer os beneficios dos libros dende idade temperá, con materiais axeitados (tea, cartón, madeira…) a cada etapa da primeira infancia, e consellos para favorecer a súa formación dende o berce a través dos arrolos, cancións corporais, ditos e recitados recuperados da tradición oral, así como dos textos rimados a través dos chamados pictogramas poéticos ou poegramas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario