sábado, 9 de mayo de 2015

CONTACONTOS CON CARLOS E QUIQUE

.
A través do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo tivemos unha actividade dentro do programa "Polo correo do vento".
Achegáronse Carlos e Quique para contarnos a historia de:
"A señora Alvariño, oceanógrafa mundial"
Ánxeles Alvariño traballa estudando as especies mariñas. 
Leva descubertas xa unha chea delas e gañado moitos premios.
Pero ao voltar a súa casa en Galicia, decátase de que as praias onde ela xogaba de nena, a ría da súa vila natal, están contaminadas pola presenza dunha fábrica dirixida polo malvado Propolution.
Ánxeles non se diterá ata que a contorna da súa infancia volva a ser igual.
Ao rematar debuxamos a Ánxeles.
E o fixemos moi ben.

A SEÑORA ALVARIÑO on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario