martes, 8 de diciembre de 2015

ACTIVIDADES EN VIGO


Aínda non sabedes que facer nas vacacións de Nadal?
Pois aquí tedes algunhas propostas...
.
LIBROS PARA SOÑAR 
 “Cantos e contos no Nadal” é o lema da programación deste mes, que inclúe unha homenaxe a Xosé Neira Vilas e a presentación dun libro despregable de autores vigueses.
“Imos cazar un oso”, un clásico da literatura infantil de Michael Rosen e Helen Oxenbury, é a obra na que se inspira a sesión de contacontos deste venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A partir deste relato, a actriz María Costa, do grupo Malvamos Teatro, e a intérprete de lingua de signos Aránzazu Casas, de AZ Lengua de Signos, representarán unha versión moi especial da obra, co título “Imos buscar un abeto”, na que lingua de signos e lingua oral se mesturan simultaneamente.


         ---------------------------------------------------------------
Bos días, 
Enviámoslles a información sobre as actividades programadas no Centro de Visitantes do Parque Nacional para este mes de decembro, que inclúe una programación especial para Nadal.

Todas as actividades son gratuitas e poden reservarse con antelación, xa que algunhas contan con prazas limitadas.

Esperamos que sexan do seu interese e pregámoslles que lle dean a máxima difusión posible.

Moitas grazas, 

Área de Uso Público

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Tlf: 886218091 / 886218093

No hay comentarios:

Publicar un comentario